La Zaranda
Teatro
Inestable de Andalucía la Baja
O
Réxime do Penso
(El
Régimen del Pienso)
Necropsia
dunha sociedade
O
excedente de penso desencadeou un andazo nos cortellos e os porcos
devóranse uns aos outros. Coa baixada de vendas da empresa, comezan
os despedimentos de persoal e medran o desespero e a desconfianza
entre os empregados. A loita polo posto, co único horizonte dun
horario rutineiro e baleiro, sen outra esperanza máis que unha morte
indolora, fai que as vidas do cocho e do home se crucen e se
confundan.
“O
noso carácter consérvase tan intacto como a nosa ruína”,
Mariano
José de Larra, Vuelva
usted mañana (1883)
O
Réxime do penso. O mesmo
título ven xa cargado de múltiples resonancias. Sen deixarmos de
lado os elementos traxicómicos que caracterizan á compañía, é
este un traballo duro, negro e descarnado que afronta sen concesións
a visión do mundo como simulacro. Unha obra dramaturxicamente
complexa que representa un grande paso adiante na traxectoria poética e conceptual de La Zaranda.
fotos Víctor Iglesias |
Con trinta e
seis anos de traxectoria, La Zaranda conserva intacto o seu
compromiso co Teatro e segue a desenvolver un intenso labor creativo
que a fixo merecente dun grande prestixio internacional. Co uso
simbólico dos obxectos, unha plástica tan sinxela como poética,
textos depurados e efectivos e un humor demoledor, crea unha linguaxe
contemporánea extremadamente viva.
traducción: Revista Galega de Teatro
Nessun commento:
Posta un commento